23/12/17

COÑECENDO A RADIO GALEGA

Recibimos a visita de Carlos Tresandí, alumno do IES Carlos Casares, antigo Instituto do Meixueiro, dende setembro do ano 1991 ata xuño de 1995.
Comezou a súa andaina no mundo do audivisual, en concreto na radio, cunha emisión que se facía dende o IES Ricardo Mella. Formou parte do Consello de Redacción da Revista Manda Carallo dende o primeiro ano en que entrou no instituto, en 1991.
A súa vida percorreu diferentes vieiros ata desembarcar no que a el realmente lle gustaba e o motivaba: a radio e o humor. 
Na actualidade colabora en varios programas da Radio Galega: Somos quen, xunto con María Xosé Rodríguez, en Galicia en goles e dirixe e presenta o programa humorístico E por que non?, tamén na Radio Galega.
O noso actual consello de redacción da revista Mandacarallo agradeceu enormemente esta lección de vida que lles deu Carlos Tresandí.
Un orgullo para nós contar cunha persoa que é, coma quen di, da casa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario