29/05/17

A POESIA NO NOSO CENTRO

III concurso de Haikus



Nas refinadas cortes dos poderosos daimios (aló polo ano 1500 a. C. en Xapón) e do Emperador, facíanse competicións de tankas, cun xurado que daba premios. Enfrontábanse dous poetas, un improvisaba os tres primeiros versos do tanka, os haiku (5, 7 e 5 sílabas) e o segundo improvisador tiña que pechar a composición con dous versos de 7 sílabas.
Así xurdiron algúns dos haikus de máis sona da literatura de Xapón:
O vello estanque!
Unha ra salta dende o bordo;
ruído na auga. (Matsuo Basho)
Esta breve introdución ao Haiku e os exemplos lévanos a comprender que son tres versos sen rima, humildes, breves, sinxelos (pero non simplistas), cheos de filosofía vivida e unidos a un debuxo escueto que o colorea con acuarela, tintas, témperas ou pastel…
E o tema… calquera que vos inspire. Pero o xurado, aínda que o haiku é matemático de seu, valorará que a temática xire ao redor da figura de Carlos Casares. Velaquí un exemplo:
Sente o pasado
achegándose tal Vento ferido,
na escuridade. 
Infancia, mocidade, madurez, obra literaria, ensaística, teatral, afeccións, teimas… do noso Carlos Casares, todo mergullado nun poema.
Os traballos con nome, curso e grupo polo reverso depositaranse nun sobre pechado na urna situada no vestíbulo do centro.
Tedes de prazo ata o venres 31 de marzo e haberá dous premios (un para 1º, 2º e 3º da ESO e outro para 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato)
 Animádevos!!!       

Ningún comentario:

Publicar un comentario