29/05/17

DIA DAS LETRAS GALEGAS NO NOSO CENTRO

Ano 2017, ano Casares!!!

  • En xaneiro, unha exposición no vestíbulo do centro cos libros do autor cos que contamos.
  • Contacontos baseados nas obras de Casares para representar en diferentes centros de primaria.
  • Roteiros literarios guiados polas cidades de Vigo e Santiago de Compostela.
  • Un telexornal sobre a figura de Carlos Casares.
  • Exposición sobre a vida e a obra do autor co fin de participar no concurso convocado pola Consellería de Educación para seleccionar os materiais cos que se dará a coñecer o escritor nos centros educativos.
Seguirémosvos informando sobre as novidades.
Cas


PREMIO POLA EXPOSICIÓN DOS CARTEIS

Onte recibimos no centro a Valentín García ( Secretario Xeral de Política Lingüística) que entregounos o premio de 2000 € ( recollido por Isabel e Nuria de 1º de Bach) pola exposición de carteis " Carlos Casares, o coleccionista de historias", tamén recibimos un lote de produtos Feiraco ( entregado a Marco e Lucía de 1º de ESO C polo seu Presidente Xosé Montes) que repartíronse a todo o alumnado do centro. Despois Mario, Hugo; Rubén R, Lorena, Ainhoa e Isaac contaron o conto "Casares nun quebracabezas" e Lucía e Marco fixeron unha demostración do Xogo do Leoncio. Unhas agarimosas palabras de Xavier Casares ( irmán do homenaxeado) e Xesús Alonso Montero, pecharon o acto presentado pola nosa profe Irene.





Presentación das nosas estrelas

presentación
O sábado 29 de abril, na Casa do Libro de Vigo puidemos asistir á presentación do primeiro Álbum ilustrado editado por Bolanda, de alumnado do noso centro. Tras unhas agarimosas palabras de Carlos, o noso Director e de Ángela, a representante da Fundación Carlos Casares, Lara e Antía explicaron a importancia para nós desta publicación e desvelaron algúns segredos simbólicos do libro que desde o seu título homenexea ao escritor que dá nome ao noso IES. Noraboa ás dúas, Lara e Ántía, seguide por ese bo camiño!
Velaquí as estrelas da Galaxia Casares;




AsEstrelas2017_icono

A POESIA NO NOSO CENTRO

III concurso de Haikus



Nas refinadas cortes dos poderosos daimios (aló polo ano 1500 a. C. en Xapón) e do Emperador, facíanse competicións de tankas, cun xurado que daba premios. Enfrontábanse dous poetas, un improvisaba os tres primeiros versos do tanka, os haiku (5, 7 e 5 sílabas) e o segundo improvisador tiña que pechar a composición con dous versos de 7 sílabas.
Así xurdiron algúns dos haikus de máis sona da literatura de Xapón:
O vello estanque!
Unha ra salta dende o bordo;
ruído na auga. (Matsuo Basho)
Esta breve introdución ao Haiku e os exemplos lévanos a comprender que son tres versos sen rima, humildes, breves, sinxelos (pero non simplistas), cheos de filosofía vivida e unidos a un debuxo escueto que o colorea con acuarela, tintas, témperas ou pastel…
E o tema… calquera que vos inspire. Pero o xurado, aínda que o haiku é matemático de seu, valorará que a temática xire ao redor da figura de Carlos Casares. Velaquí un exemplo:
Sente o pasado
achegándose tal Vento ferido,
na escuridade. 
Infancia, mocidade, madurez, obra literaria, ensaística, teatral, afeccións, teimas… do noso Carlos Casares, todo mergullado nun poema.
Os traballos con nome, curso e grupo polo reverso depositaranse nun sobre pechado na urna situada no vestíbulo do centro.
Tedes de prazo ata o venres 31 de marzo e haberá dous premios (un para 1º, 2º e 3º da ESO e outro para 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato)
 Animádevos!!!       

Día de Rosalía

Este ano, para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro), o equipo da revista e os compañeiros do grupo de teatro do centro decidimos gravar un mannequin challenge sobre as súas obras. Ben en parellas ben individualmente caracterizámonos dun xeito que puidesemos evocar todos os libros escritos pola nosa xenial autora. Aquí vos deixamos o resultado.



https://youtu.be/QzX2ai_iL1U